terça-feira, 24 de agosto de 2010

Este xoves: vén pecar connosco

Este xoves, 26 de agosto, ás 20:15 na Pza. Maior celebrarase unha pecaminosa orxía de bicicletas na nosa cidade. A organización (inexistente) non se fai responsable das consecuencias que terá para os e as asistentes se se prolonga a súa estadía no purgatorio, ou mesmo o inminente ingreso no inferno. No entanto, e vendo o infestado que está o noso planeta de fume cabe cuestionarse, parafraseando a Nietzsche: "É o home só un erro de Deus, ou Deus só un erro do home?"


Adxunto un vídeo lascivo sobre o pracer da bicicleta, estou seguro que algún de vós tamén goza deste xeito, senón non me explico que sigades acudindo as Masas chovendo, treboando...


Como sei que sodes curiosas e curiosos dabondo, coméntovos que a pintura do cartaz da marxe esquerda pertence a Luigi Stornaiolo.

Poden vir disfrazados de demos, cristos, anxos ou do que prazan.

Bookmark and Share

Sem comentários: