Bicimuíño, bicilicuadora, bicibomba, bicilavadora, bicixerador . . . son só algunhas das bicimáquinas que a ONG guatemalteca Maya Pedal desenvolveu. Comezaron no ano 1997 co traballo dun grupo de canadenses da organización PEDAL para posteriormente constituír a Asociación Maya Pedal no ano 2001. Empregan partes de bicicletas usadas para construír Bicimáquinas que dan a persoas individuais e grupos a prezos subvencionados. Apoian pequenos proxectos auto-sostibles co fin de preservar ou mellorar o medio ambiente, a saúde, a produtividade e a economía das familias das áreas rurais de Guatemala. Coñece o seu traballo en Maya Pedal
Visto en Bicis.info.
1 comentário:
Hola, me gustaría hacer un intercambio de enlaces con esta web.
Mi blog es "Amo la bicicleta" www.ToupeiraToupeiro.es/bici
Saludos
Javier (Toupeiro)
Enviar um comentário