sexta-feira, 1 de fevereiro de 2008

Escolle a bici que máis che convén

Hai diferentes tipos de bicicletas, cada unha deseñada para una funcionalidade diferente. Aínda que podes utilizar tranquilamente calquera tipo de bici para circular pola cidade, sempre que estea ben equipada, busca o tipo que mellor se adapte ás tuas necesidades.



Bicicleta urbana


É a bicicleta máis cómoda para a cidade. Tamén chamada de paseo ou “city bike”.
  • O manillar ten unha altura suficiente como para que o/a ciclista se atope en posición confortable e cunha boa visibilidade do entorno, factor importante na circulación por cidade.
  • Para zonas planas se poden escoller sen cambio de marchas, malia que habitualmente teñen 3, 5, 6, 7 ou 12 velocidades.
  • Idealmente, está equipada cun sillín de muelles ancho e confortable, uns gardalamas enteiros, un protector de cadea, timbre, alumeado fixo e un portabultos fixado ao cadro; ás veces tamén hai un cesto no manillar.

Bicicleta híbrida



É a bicicleta máis polivalente e recomendada para utilizar en cidade e fora dela.
  • Son relativamente lixeiras pero seguras e resistentes.
  • Serven tanto para rutas por estrada como para paseos pola cidade , e soportan sen problemas a circulación por pistas e camiños.
  • Tamén teñen a avantaxe de vir equipadas con portabultos, gardalamas e luces, elementos moi útiles para pedalear pola cidade.
Bicicleta de montaña



É a “todoterreo” das bicicletas.
  • Son de estrutura reforzada. Levan pratos e piñóns axeitados para salvar fortes pendentes e neumáticos adecuados para circular en terreos pouco compactos.
  • Caracterízase por ter unhas rodas máis pequenas, que lle dan estabilidade, e unha suspensión e neumáticos máis anchos con moito relieve, que permite afrontar calquera tipo de terreo.
Para ir por cidade

O grosor dos neumáticos fai que pedalear polo asfalto sexa máis cansado que cunha bicicleta híbrida ou de carretera. Ademáis, non están equipadas con luces ou portabultos. Se a queres usar para circular pola cidade, pódeslle cambiar os neumáticos por outros lisos e máis finos (slicks) e poñerlle os complementos necesarios (non esquezas poñer luces e reflectantes).


Bicicleta de carreiras


É a bicicleta de velocidade.
  • Son moi lixeiras e rápidas, reducindo o esforzo sobre todo nas subidas. Indicadas para ciclismo deportivo en estrada.
  • Son moito menos robustas e levan neumáticos delgados, o que as fai pouco adecuadas para circular por terreos en mal estado.
Para ir por cidade

Se queres circular por cidade (as rúas normalmente teñen moitos desperfectos) con este tipo de bicicleta é máis cómodo e seguro cambiarlle os neumáticos por outros máis grosos. Ponlle, ademáis, luces e reflectantes.


Bicicleta pregable

É unha bicicleta deseñada para a cidade e para ser transportada.
  • Unha vez pregada ten un tamaño moi reducido e é moi lixeira. Por elo, é ideal para distancias curtas de menos de 10 km, para combinar con outros medios de transporte e para subila a casa ou á oficina, xa que ocupa moi pouco espazo e nos aforra ter que pensar no aparcamento.
  • Unha bicicleta pregable debe ser, por definición, suficientemente compacta unha vez pregada como para que non se note a sua presenza. Pero non vos centredes neste único criterio no momento de facer a elección. Mirade tamén o peso e a facilidade para pregara e despregala, xa que o tereds que facer a miúdo. Antes da compra, verificade que o método de pregado sexa sinxelo e práctico.

Sem comentários: