quarta-feira, 11 de março de 2009

COMPARTE COCHE EN LUGO

O proxecto COMPARTIR COCHE nace da vontade do Concello de Lugo de fomentar entre a poboación un uso máis racional do coche. O servizo, consiste en facilitar o encontro de persoas que están interesadas en compartir o vehículo privado para realizar unha viaxe.

OBXECTIVOS

* Facilitar aos cidadáns e cidadás do Concello de Lugo outra alternativa nos seus desprazamentos tendo en conta medidas de sostenibilidade na movilidade.
* Diminuír a contaminación e o consumo energético producido polos vehículos privados.
* Mellorar a utilización do espazo público


¿COMO ACCEDER AO SERVIZO?

* Para ir ao traballo

Se vas a algún dos centros de traballo dos arredores, e tes que realizar sempre un mesmo itinerario co teu vehículo privado ou buscas persoas con quen compartir o coche podes compartir coche para ir traballar.

* Para ir á universidade

Se estudas ou traballas na universidade e buscas con quen compartir un mesmo viaxe cara a calquera das universidades podes compartir coche para ir á universidade.

* Para ir de viaxe

Se fas viaxes esporádicos ou non regulares, xa sexa noutras cidades ou ata o estranxeiro, aquí poderás atopar persoas interesadas en compartir os gastos da viaxe. Accede a compartir coche para ir a outros destinos.

¿COMO FUNCIONA?

Mediante este servizo verás as persoas que están inscritas para realizar unha viaxe parecida ao teu. A través do correo electrónico poderás poñerte en contacto con elas. Verás cales son as súas preferencias, se dispoñen ou non de coche, motivo da viaxe, e toda unha serie de datos para facer máis fácil o encontro de compañeiros e compañeiras de viaxe. Poderás deixar unha mensaxe electrónica a aquelas persoas que consideres que son adecuadas para compartir un ha mesma viaxe. Todo de forma inmediata e sen intermediarios.

PD: A ver cantos concelleiros utilizan este servizo... Eu aposto a que nin o de transportes fara uso del.

Bookmark and Share

Sem comentários: