Mostrar mensagens com a etiqueta Novas. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Novas. Mostrar todas as mensagens

segunda-feira, 13 de outubro de 2008

ESTE FOI O RESULTADO... INCRÍBLE!



Bookmark and Share

segunda-feira, 1 de setembro de 2008

ASINA O MANIFESTO!

MANIFESTO DA MASA CRÍTICA LUCENSE

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuarios que realizan un paseo colectivo pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico e saudable, demandando da Administración Local un compromiso real coa mobilidade sostible e ecolóxica na nosa localidade que contribúa a reducir a contaminación atmosférica e acústica na cidade, facendo desta un espazo máis limpo, humano e respectuoso co presente e devir do noso ecosistema.

En España, as emisións de gases de efecto invernadoiro directamente ligadas ao sector transporte creceron máis dun 80% dende 1995, aproximadamente o dobre que o crecemento global de tales emisións, ata superar a cuarta parte do total. O uso compulsivo do automóbil é un dos maiores responsables do crecemento desbocado das emisións de gases de efecto invernadoiro, da perda de habitabilidade das cidades -grandes e pequenas-, do enorme gasto de tempo provocado polos atoamentos, de que a rúa deixara de ser un lugar transitable para nenos e anciáns, da deterioración de boa parte dos nosos monumentos e lugares de encontro tradicionais e da gran tensión á que viven sometidos os habitantes das cidades.

A bicicleta é, con moito, e malia o seu inmerecido ostracismo, o vehículo máis eficiente e mellor adaptado á mobilidade urbana. A grande maioría dos desprazamentos urbanos non superan os 10 quilómetros, unha distancia perfectamente asumible por un ciclista. A bicicleta, ademais, está completamente libre de emisións nocivas, non fai ruído, é saudable, a penas si ocupa espazo urbano circulando ou aparcada e non necesita custosas infraestruturas.

O colectivo Masa Crítica de Lugo establece como prioritarias unha listaxe de medidas que contribúan a facilitar e fomentar o uso da bicicleta na nosa cidade:

1. A instalación de enganches para bicicleta fronte a polideportivos, bibliotecas, colexios, centros culturais, estacións de autobuses e tren e ,en xeral, no resto dos puntos neurálxicos da cidade.

2. A sinalización de carrís bici para unir os barrios periféricos co centro da cidade e dun que circunde a mesma, para permitir a circulación de bicicletas con seguridade.

3. A sinalización dun carril bici nas rúas peonís, para controlar tamén o tráfico de bicicletas.

4. Campañas de educación vial para condutores de automóbiles, ciclistas e peóns, para que entre todos sexamos capaces de transformar Lugo para mellor, respectarnos uns a outros e utilizar as bicicletas con seguridade.

5. Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado como o transporte público, así como promover a súa compatibilidade e complementariedade coa bicicleta.

6. Elaborar un plan de mobilidade no que o automóbil privado non sexa a única alternativa. Como moito, anúncianse plans de fomento do transporte público e, ao final do documento, faise unha breve mención da bicicleta, sen plans nin compromisos concretos, nin moito menos un presuposto minimamente digno, quizais para cumprir sobre o papel con algún compromiso político adquirido nalgún foro nacional ou internacional, como a Carta de Aalborg ou a Semana Europea da Mobilidade.


Nome
Apelidos
DNI
E-mail

Image Verification
Please enter the text from the image

[ Refresh Image ] [ What's This? ]



quarta-feira, 30 de julho de 2008

Deixa a túa pegada na rúa


Bookmark and Share

sexta-feira, 18 de julho de 2008

Santiago presenta hoxe o seu servizo de aluguer de bicicletas

A cidade de Santiago de Compostela terá un modelo de uso e acceso ao servizo de préstamo de bicicletas, que se prevé conte cun centenar de unidades e con sete puntos para que os cidadáns poidan recollelas. Esta iniciativa pretende potenciar este medio de transporte alternativo aos vehículos de motor.


En total serán sete os puntos de préstamo das bicicletas: Estación de Autobuses, Multiusos Fontes do Sar, Complexo Deportivo de Santa Isabel, praza Roxa (parque de Ramírez), Área Central, Campus Sur (campo de Hockey) e Campus Norte (residencia universitaria). Funcionarán en horario de 8.00 a 22.00 horas no verán e de 9.00 a 18.00, no inverno.

Ler o resto da Nova: Europa Press

Bookmark and Share

domingo, 25 de maio de 2008

Estréate na Masa Crítica


Bookmark and Share

quinta-feira, 8 de maio de 2008

Bicifestación ourensá de pingüinos

Unha ducia de pingüinos pasaron por Ourense e uníronse a MC, reclamaban a implicación dos humanos para frear o cambio climático.

Estas aves mariñas causaron tal balbordo que saíron nos xornais do día seguinte. A seguir, déixovos a nova:

O movemento cidadán ourensán Masa Crítica celebrou un paseo en bicicleta reivindicativo en favor de conseguir medidas para unha mobilidade sostíbel. Celebraron o que eles chaman unha bicifestación pacífica que percorre as rúas das cidades de todo o mundo reclamando máis espazo públicos. Reclaman menos contaminación, unha mobilidade máis sostíbel así como menos ruído, maior seguridade, menor velocidade e máis saúde, entre outros desexos.

Ler o resto da nova: La Voz de Galicia


Bookmark and Share

quarta-feira, 16 de abril de 2008

12 h. en Bici na Coruña

O sábado 26 de abril, calquera persoa coa súa bicicleta pode sumarse a este evento para demostrar que hai outras formas de desprazarse pola cidade sen malos fumes, ruídos nin atascos. Podendo entrar e saír a calquera hora e cantas veces se queira, esta marcha social pretende dar un toque de atención ás nosas aletargadas autoridades e invitar aos cidadáns a que coa súa actitude fomenten a diario o uso de transportes alternativos ao automóbil. É posíbel acougar o tráfico motorizado nas cidades e reducir o seu volume ata civilizalo e facelo compatible coas funcións e actividades que realizamos nas súas rúas. Coa vosa participación, conseguiremos unha cidade máis humana, tranquila e menos contaminada.


Bookmark and Share

quarta-feira, 9 de abril de 2008

A Coruña terá bicis de aluguer

O concello poñerá en marcha o servizo cun ano de retraso. Forma parte das propostas de mobilidade municipal que estará listo nuns meses.

O proxecto leva case un ano gardado nun caixón. Pero parece que en 2008 a cidade si poderá contar co servizo de aluguer de bicicletas. Fontes municipais aseguran que a iniciativa, compartida pólas concellerías de Medio Ambiente e Tráfico, recuperarase para poder poñer en marcha o servizo ao longo deste ano.

A idea inicial era poñer a disposición dos coruñeses un centenar de bicicletas. Estas repartiranse por vinte paradas, situadas en distintas zonas da cidade. O servizo de aluguer sería gratuíto. Pero para gozalo o usuario tería que dispor da tarxeta cidadán Millennium.

Continuar lendo o resto da nova: Xornal ADN

terça-feira, 11 de março de 2008

O Concello de Lugo refundirá as distintas normas sobre o tráfico de bicicletas

A Ordenanza Xeral de Policía (1991) estabelece que as bicicletas, como os demais vehículos, deben circular pola calzada e non poden facelo por vías nas que está prohibido o tráfico rodado. Iso di a citada norma, pero a Ordenanza de Protección Ambiental (1995) determina que os citados vehículos poden circular por «paseos, parques e xardíns sen necesidade de autorización expresa, sempre que a afluencia de público o permita e non causen molestias aos demais usuarios da zona verde, e naquelas zonas sinaladas especificamente para ese efecto». A velocidade máxima permitida en tales zonas é de 10 quilómetros por hora.

Ler o resto da nova: La Voz de Galicia


domingo, 17 de fevereiro de 2008

¿Qué medidas adoptaría para que se facilitase o uso da bicicleta en Lugo?


Na Voz de Galicia hai un novo espazo de opinión no que se recollen suxerencias para facilitar o uso da bicicleta en Lugo.

Premede na seguinte ligazón: La Voz de Galicia

sábado, 16 de fevereiro de 2008

Matricula a túa bici "NO OIL"

A máis rodada das campañas de sensibilización ambiental da Fundación Tierra puxo a disposición da MC lucense, e por suposto tamén á de todos os velocipedistas, un berro de modernidade ecolóxica. NO OIL é unha bicimatrícula que reflicte un compromiso de limpeza ambiental co noso mundo. Cada milímetro percorrido con propulsión biomecánica desde unha bicicleta é un xesto radical de goce contra o abuso e a queima dos combustibles fósiles e a súa porca mobilidade.

Poñede a matrícula NO OIL na vosa bici e unídevos a un berro internacional, a un berro á modernidade ecolóxica que millóns de humanos entenden só con observar a nosa matrícula.

PASA A PASO PARA MATRICULARTE "NO OIL".

1. Descarga o adhesivo NO OIL. Preme en descargar foto, que se atopa na columna da dereita. Despois copia a imaxe nun documento Word e imprímea. Fai click na imaxe de abaixo para vela máis grande.

2. Bótalle cola na parte posterior do CD rom, dos que xa non son de utilidade e pega a imaxe.

3. Observa que na imaxe hai dous puntos de cor marrón sobre a palabra.

4. Colle un obxecto punzante como poden ser unhas tesoiras.

5. Coloca un xornal sobre a mesa para que faga de base ao CD room e con coidado comeza a recortar con precisión os dous puntos de cor marrón. Para furar o CD room utiliza un trade de papel. É moi sinxelo, eu só tardei 5 minutos.


6. Plastifica o CD room con papel para forra-los libros ou lévao a unha fotocopiadora para que cho plastifiquen.

7. Fixa o CD room co sistema de fixación que elixas: corda, bridas, arame...

8. Coloca a bicimatrícula NO OIL sobre as guías traseiras do sillín da bicicleta ou no portaequipaxes fixándoa co sistema elixido e deixando unha certa folgura.

Nota: Nunca debe taparse o piloto luminoso ou os reflectores de seguridade.


9. Como é habitual, disponte a pedalear con alegría pero agora con renovada elegancia.