sábado, 2 de abril de 2011

KRITIKONA

BILBOKO KRITIKONA

(13-15 MAIO 2011)

(PROGRAMA PROVISIONAL)

Venres 13 de maio activo:

. Recepción en Kukutza: Pola tarde, a medida que as xentes bicicleteras vaian chegando.

. Masa Crítica luminosa: pola tarde-noite, cando vexamos que somos suficientes como para celebrar unha masa crítica, é dicir, mais de dous! Levaremos o que cada cual crea que poida iluminar o noso camiño, no sentido real e metafórico.

. Biziencierro: Pola noite as rúas do Kasko Viejo converteranse nun improvisado encerro onde as bicicletas deberán sortear os obstáculos máis impensables (taxi-miuras, autobuses de lidia.......)

Sábado 14 de maio reivindicativo:

. Bicis ao tren: Pola mañá. Porque xa vale de utilizar a ecoloxía como bandeira cando logo non nos deixan levar as bicis nos trens!

. Workshopping ao aire libre: Ao mediodía, talleres e peteirada nalgún parque, que pa iso somos de Bilbao!

. KRITIKONA MUNDIALA: A partir das 17 h, por todos os cantos de Bilbao e mais alá!!

. Concerto de La Malarazza en Kukutza: Fin da Kritikona e festa, ata as 12 en Kukutza e ata que as bicis aguanten en calquera outro lado.

Domingo 15 de maio erótico festivo:

. Batukada e Aparcadoiro Day: Ocuparemos calquera parque de novo para almorzar, relaxarnos, ultimar relacións, pasarnos os correos electrónicos e os teléfonos, sobala, e seguir bailando, os que nos soubese a pouco todo o anterior.

E toda a semana anterior (a partir do 9 de maio) Taller de Tall-Bikes en Kukutza!!!


Continuará...


Bookmark and Share

segunda-feira, 14 de fevereiro de 2011

OBXECTIVO DA M.C.: MONO NÚMERO 100



Bookmark and Share

sexta-feira, 10 de setembro de 2010

IV MASA CRÍTICA GALEGA EN VIGO

Un ano máis chegan as datas da Masa Crítica Galega, desta vez en Vigo.

Que é a Masa Crítica? Trátase dunha "coincidencia organizada" de ciclousuarias/os que realizan un paseo colectivo pola cidade. Deste xeito preténdese visibilizar o uso da bicicleta como medio de transporte, animando ao seu uso e reclamando medidas para promocionar este medio de transporte.

Porque galega? O movemento da masa crítica naceu en San Francisco en 1992, e desde fai anos celébrase en diferentes cidades galegas. A celebración desta masa crítica galega con periodicidade anual pretende axuntar esforzos, poñer en contacto as/os diferentes cicloususarias/os, reclamar infraestruturas de comunicación entre as diferentes poboacións, intermodalidade con outros medios de transporte, etc. E tamén vivir unha experiencia única coa posibilidade de unir diversión e reivindicación, que é o motor das masas críticas en todo o mundo.

Cando? A masa crítica celébrase en Vigo o sábado 25 de setembro de 2010 con saida dende a Praza América ás 18:30. (ver ruta). Durante todo o día haberá actividades paralelas.

Ciclousuari@s de Lugo asistirán, para confirmar a vosa asistencia enviade un e-correo a masacriticalugoarrobagmail.com, indicando o voso nome e un número de teléfono para contactar e poder distribuírnos en diferentes medios de transporte (autobús, a priori).

Anímate a participar deste evento único! Porque a bicicleta é o futuro! Usa a bici!

Bookmark and Share

quarta-feira, 31 de março de 2010

Copenhagen: City of Cyclists

Déixovos un aperitivo do documental: Copenhagen: City of Cyclists, suxerido por Nacho. Na sección de documentais do blogue podedes velo completo. Se algún tolo/a coma min quere saber máis sobre este modelo de mobilidade pode consultar este informe explicativo.




Copenhagen - City of Cyclists from Copenhagenize on Vimeo.



Bookmark and Share

sábado, 27 de março de 2010

Un movemento silencioso camiña sobre rodas ao longo do planeta

Non precisas ser un superheroe para salvar o planeta




Bookmark and Share

segunda-feira, 22 de março de 2010

Aparca os malos fumes



Bookmark and Share

terça-feira, 10 de novembro de 2009

Masa Crítica: 29/09/09




Bookmark and Share

sábado, 31 de outubro de 2009