Na Voz de Galicia hai un novo espazo de opinión no que se recollen suxerencias para facilitar o uso da bicicleta en Lugo.
Premede na seguinte ligazón: La Voz de Galicia
domingo, 17 de fevereiro de 2008
¿Qué medidas adoptaría para que se facilitase o uso da bicicleta en Lugo?
sábado, 16 de fevereiro de 2008
A Masa Crítica en Galiza e no mundo
O movemento da Masa Crítica en Galiza naceu en outubro de 2004 coa celebración da primeira masa crítica de Santiago de Compostela, un ano máis tarde comezaría a celebrarse tamén en A Coruña, Vigo e recentemente en Ourense, Ponteareas e Lugo.
Entre os obxectivos das masas críticas galegas podemos destacar:
* Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido).
* Crear condicións favorables necesarias para o uso da bici como medio de transporte.
* Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, asi como promover a súa compatibilidade e complemetariedade coa bicicleta (ex. transporte público).
Celébrase unha Masa Crítica Galega de carácter anual que reúne a tod@s os ciclousuari@s galeg@s, e que pon en contacto persoalmente aos membros das distintas masas críticas galegas. Celebrouse por primeira vez en setembro do ano 2007, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, logrando reunir a uns 200 participantes polas rúas de Santiago de Compostela.
No mundo
A Masa Crítica constitúe un movemento a grande escala, descentralizado e popular, polo que é diferente en cada cidade. Existe unha grande variedade de obxectivos, tamaño, interación cos condutores de automóbiles e intervención da policía.
Emporiso, o feito do escaso espazo aberto nas nosas cidades onde a xente poida relaxarse e relacionarse fora da tensión da vida diaria, a organización das cidades ao redor do automóbil, a escasez ou ausencia de infraestruturas para facilitar o uso da bicicleta como medio de transporte, etc., son cuestións que abren un camiño cara unha alternativa no futuro, e que seguramente está na mente da meirande parte dos participantes das masas críticas.
FONTE: WIKIPEDIA
Matricula a túa bici "NO OIL"
Poñede a matrícula NO OIL na vosa bici e unídevos a un berro internacional, a un berro á modernidade ecolóxica que millóns de humanos entenden só con observar a nosa matrícula.
PASA A PASO PARA MATRICULARTE "NO OIL".
1. Descarga o adhesivo NO OIL. Preme en descargar foto, que se atopa na columna da dereita. Despois copia a imaxe nun documento Word e imprímea. Fai click na imaxe de abaixo para vela máis grande.
3. Observa que na imaxe hai dous puntos de cor marrón sobre a palabra.
4. Colle un obxecto punzante como poden ser unhas tesoiras.
5. Coloca un xornal sobre a mesa para que faga de base ao CD room e con coidado comeza a recortar con precisión os dous puntos de cor marrón. Para furar o CD room utiliza un trade de papel. É moi sinxelo, eu só tardei 5 minutos.
6. Plastifica o CD room con papel para forra-los libros ou lévao a unha fotocopiadora para que cho plastifiquen.
7. Fixa o CD room co sistema de fixación que elixas: corda, bridas, arame...
8. Coloca a bicimatrícula NO OIL sobre as guías traseiras do sillín da bicicleta ou no portaequipaxes fixándoa co sistema elixido e deixando unha certa folgura.
Nota: Nunca debe taparse o piloto luminoso ou os reflectores de seguridade.
9. Como é habitual, disponte a pedalear con alegría pero agora con renovada elegancia.
sexta-feira, 15 de fevereiro de 2008
Que é a Masa Crítica?
Un pouco de historia:
Comezou en San Francisco (Estados Unidos) no ano 1992 a partir dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas deberían quedar unha vez ao mes para ir todos xuntos. A idea aceptouse rapidamente, na primeira "quedada" xuntáronse 60 e logo dun ano eran máis de 600 e o movemento foi estendéndose a outras cidades.
O nome de Masa Crítica foi sacado do documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións das grandes cidades chinesas onde o tráfico de coches era importante e non existían semáforos. Os velocipedistas chegaban á interseción e non podían cruzar debido ao alto tráfico, pausadamente, máis e máis ciclistas amontoábanse esperando co fin de cruzar a rúa e, cando existía un número suficiente - unha masa crítica - podían moverse todos xuntos, coa forza do seu número, para parar o tráfico mentres cruzaban a rúa.
quarta-feira, 13 de fevereiro de 2008
Quen somos?
- Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido).
- Crear condicións favorables necesarias para o uso da bici como medio de transporte.
- Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, asi como promover a súa compatibilidade e complemetariedade coa bicicleta (ex. transporte público).
Celébrase unha Masa Crítica Galega de carácter anual que reúne a tod@s os ciclousuari@s galeg@s, e que pon en contacto persoalmente aos membros das distintas masas críticas galegas. Celebrouse por primeira vez en setembro do ano 2007, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, logrando reunir a uns 200 participantes polas rúas de Santiago de Compostela.
terça-feira, 5 de fevereiro de 2008
sábado, 2 de fevereiro de 2008
Que non che rouben a bicicleta!
1. Amarrade sempre a bicicleta, polo menos unha roda e o cadro amarrado a un elemento forte (farol, sinal, banco, varanda) e a outra roda amarrada ao cadro.
2. Os de tipo cable ou espiral córtanse cunha cizalla pequena, só valen para unha roda e o asento.
3. Como mínimo un tipo de cable armado (píton) ou de tipo U.
4. Atádeas en sitios concorridos (aínda que non é ningunha garantía como podedes observar no seguinte vídeo).
No centro de New York e, ante a pasividade da xente, móstranse diferentes métodos de roubo. Con este elemento pólas rúas podes quedar sen bicicleta aínda que a metas nun búnker.
Consellos extra
Hai dous o tres detalles pouco coñecidos:
1. Tede coidado se deixades a bicicleta nun no portal dun edificio, prodúcense montóns de roubos en portais, quizabes en parte porque cremos que o portal é un sitio seguro e descoidamos as medidas de seguridade obvias.
2. Evidentemente o ideal é que a bicicleta non este na rúa, de feito é unha das razóns pólas que existen as bicicletas pregábeis.
3. Se a bicicleta ten que durmir na rúa, cómprate unha gran cadea, tipo moto e déixaa atada a un farol, ou varanda. Estas cadeas son moito máis resistentes, pero non son prácticas para levar a bicicleta polo seu peso, pero se as podedes deixar na rúa.
4. Apunta o número de serie da túa bicicleta (soe estar debaixo do cadro) e faille unha foto. Se cha rouban terás máis oportunidades de recuperar a túa amiga.
5. Se che rouban, denúnciao decontado, polo menos poñeraslle dificultades ao ladrón para que revenda a bicicleta. Nas tendas de segunda man teñen a obriga de comunicar á policía todos os artigos que compran, e se está denunciado teñen o DNI do vendedor, pero se non o denuncias nunca funcionará este mecanismo.
sexta-feira, 1 de fevereiro de 2008
Escolle a bici que máis che convén
- O manillar ten unha altura suficiente como para que o/a ciclista se atope en posición confortable e cunha boa visibilidade do entorno, factor importante na circulación por cidade.
- Para zonas planas se poden escoller sen cambio de marchas, malia que habitualmente teñen 3, 5, 6, 7 ou 12 velocidades.
- Idealmente, está equipada cun sillín de muelles ancho e confortable, uns gardalamas enteiros, un protector de cadea, timbre, alumeado fixo e un portabultos fixado ao cadro; ás veces tamén hai un cesto no manillar.
- Son relativamente lixeiras pero seguras e resistentes.
- Serven tanto para rutas por estrada como para paseos pola cidade , e soportan sen problemas a circulación por pistas e camiños.
- Tamén teñen a avantaxe de vir equipadas con portabultos, gardalamas e luces, elementos moi útiles para pedalear pola cidade.
- Son de estrutura reforzada. Levan pratos e piñóns axeitados para salvar fortes pendentes e neumáticos adecuados para circular en terreos pouco compactos.
- Caracterízase por ter unhas rodas máis pequenas, que lle dan estabilidade, e unha suspensión e neumáticos máis anchos con moito relieve, que permite afrontar calquera tipo de terreo.
O grosor dos neumáticos fai que pedalear polo asfalto sexa máis cansado que cunha bicicleta híbrida ou de carretera. Ademáis, non están equipadas con luces ou portabultos. Se a queres usar para circular pola cidade, pódeslle cambiar os neumáticos por outros lisos e máis finos (slicks) e poñerlle os complementos necesarios (non esquezas poñer luces e reflectantes).
- Son moi lixeiras e rápidas, reducindo o esforzo sobre todo nas subidas. Indicadas para ciclismo deportivo en estrada.
- Son moito menos robustas e levan neumáticos delgados, o que as fai pouco adecuadas para circular por terreos en mal estado.
Se queres circular por cidade (as rúas normalmente teñen moitos desperfectos) con este tipo de bicicleta é máis cómodo e seguro cambiarlle os neumáticos por outros máis grosos. Ponlle, ademáis, luces e reflectantes.
- Unha vez pregada ten un tamaño moi reducido e é moi lixeira. Por elo, é ideal para distancias curtas de menos de 10 km, para combinar con outros medios de transporte e para subila a casa ou á oficina, xa que ocupa moi pouco espazo e nos aforra ter que pensar no aparcamento.
- Unha bicicleta pregable debe ser, por definición, suficientemente compacta unha vez pregada como para que non se note a sua presenza. Pero non vos centredes neste único criterio no momento de facer a elección. Mirade tamén o peso e a facilidade para pregara e despregala, xa que o tereds que facer a miúdo. Antes da compra, verificade que o método de pregado sexa sinxelo e práctico.
Consellos para circular en bici
1. A tua seguridade depende de tí. Con precaución e atención evitarás situacións perigosas.
Sé predecible. Conduce en liña recta coas mans no manillar. Sinala coas mans cando vaias xirar.
2. Prepara o itinerario que vas seguir evitando os percorridos máis perigosos.
3. Revisa a tua bici para maior seguridade: freos, dirección, rodas e luces.
Se vas facer un percorrido longo leva: bomba de inflar, parches, cámara, cable de freo e as ferramientas básicas. Todo elo pode ser necesario .
Leva tamén algún alimento enerxético para previ-la "pájara".
4. Cumple as normas de circulación, sobre todo as que impliquen un risco para a tua seguridade: STOP, ceda o paso, semáforos, etc.
5. Cando circules por zonas peonís faino a una velocidade similar á dos peóns, tendo sempre en conta a prioridade do peón.
Igualmente, ao circular pola estrada, e cando haxa peóns pola acera, préstalles atención ante unha posible irrupción na calzada.
6. Circula polo centro do teu carril, pois tes todo o dereito. Se vas moi pegado á dereita os automovilistas tenderán a ignorarte.
A tua bicicleta é un vehículo como outro calquiera, cos mesmos dereitos e obligacións que os coches.
7. Faite visible. Cando circules de noite é fundamental facerse ver por todos os medios posibles: luces, elementos reflectantes tanto na bici como no corpo, etc.
8. Pon especial coidado ao circular polo teu carril cando pases á altura dunha desviación á dereita. Moitos conductores non sinalizan a maniobra de xiro á dereita, cortándoche o paso el paso e creando situacións perigosas.
9. Non te fíes das manobras dos coches ata o último momento eten os freos a punto, sobre todo cando circules á altura deles.
Ten en conta que, desgraciadamente, malia que teñas a razón ante un accidente cun coche a bicicleta leva sempre as de perder.
11. Nas rotondas, comportate como outro vehículo máis. Se entras con medo os automovilistas botarante á dereita. Salvo que vaias usar a primeira saida á dereita, non renuncies aos carrís centrais. Malia que vaias máis lento, os coches terán que adaptar a sua velocidade á tua.
12. Pon máxima precaución en momentos de intensidade de tráfico e non te quedes entre 2 carrís. Non importa que estés nun carril á esquerda, incluso con máis motivo neses casos, permanece no centro do carril. En algunhas ocasións será preferible agardar uns metros para realizar a manobra.
FONTE: A golpe de pedal Vigo