sexta-feira, 1 de fevereiro de 2008

Consellos para circular en bici

1. A tua seguridade depende de tí. Con precaución e atención evitarás situacións perigosas.
Sé predecible. Conduce en liña recta coas mans no manillar. Sinala coas mans cando vaias xirar.

2. Prepara o itinerario que vas seguir evitando os percorridos máis perigosos.


3. Revisa a tua bici para maior seguridade
: freos, dirección, rodas e luces.
Se vas facer un percorrido longo leva: bomba de inflar, parches, cámara, cable de freo e as ferramientas básicas. Todo elo pode ser necesario .
Leva tamén algún alimento enerxético para previ-la "pájara".

4. Cumple as normas de circulación, sobre todo as que impliquen un risco para a tua seguridade: STOP, ceda o paso, semáforos, etc.


5. Cando circules por zonas peonís faino a una velocidade similar á dos peóns, tendo sempre en conta a prioridade do peón.
Igualmente, ao circular pola estrada, e cando haxa peóns pola acera, préstalles atención ante unha posible irrupción na calzada.


6. Circula polo centro do teu carril, pois tes todo o dereito. Se vas moi pegado á dereita os automovilistas tenderán a ignorarte.
A tua bicicleta é un vehículo como outro calquiera, cos mesmos dereitos e obligacións que os coches.


7. Faite visible. Cando circules de noite é fundamental facerse ver por todos os medios posibles: luces, elementos reflectantes tanto na bici como no corpo, etc.


8. Pon especial coidado ao circular polo teu carril cando pases á altura dunha desviación á dereita. Moitos conductores non sinalizan a maniobra de xiro á dereita, cortándoche o paso el paso e creando situacións perigosas.


9. Non te fíes das manobras dos coches ata o último momento eten os freos a punto, sobre todo cando circules á altura deles.
Ten en conta que, desgraciadamente, malia que teñas a razón ante un accidente cun coche a bicicleta leva sempre as de perder.


11. Nas rotondas, comportate como outro vehículo máis. Se entras con medo os automovilistas botarante á dereita. Salvo que vaias usar a primeira saida á dereita, non renuncies aos carrís centrais. Malia que vaias máis lento, os coches terán que adaptar a sua velocidade á tua.

12. Pon máxima precaución en momentos de intensidade de tráfico e non te quedes entre 2 carrís. Non importa que estés nun carril á esquerda, incluso con máis motivo neses casos, permanece no centro do carril. En algunhas ocasións será preferible agardar uns metros para realizar a manobra.

FONTE: A golpe de pedal Vigo

Sem comentários: