sábado, 2 de fevereiro de 2008

Que non che rouben a bicicleta!

É un feito demostrado que cando aumenta o número de ciclistas urbanos aumentan tamén os roubos de bicicletas. Para poder prevelo hai que usar antirroubos de calidade e saber como e onde amarrar as bicicletas, neste artigo abránguese dun modo máis extenso este tema: http://www.pedalibre.org/evitar_robos.htm. Hai tamén outro artigo interesante na seguinte ligazón: valenciaenbici.net




A modo de sinopse:

1. Amarrade sempre a bicicleta, polo menos unha roda e o cadro amarrado a un elemento forte (farol, sinal, banco, varanda) e a outra roda amarrada ao cadro.

2. Os de tipo cable ou espiral córtanse cunha cizalla pequena, só valen para unha roda e o asento.

3. Como mínimo un tipo de cable armado (píton) ou de tipo U.

4. Atádeas en sitios concorridos (aínda que non é ningunha garantía como podedes observar no seguinte vídeo).

No centro de New York e, ante a pasividade da xente, móstranse diferentes métodos de roubo. Con este elemento pólas rúas podes quedar sen bicicleta aínda que a metas nun búnker.



Consellos extra

Hai dous o tres detalles pouco coñecidos:

1. Tede coidado se deixades a bicicleta nun no portal dun edificio, prodúcense montóns de roubos en portais, quizabes en parte porque cremos que o portal é un sitio seguro e descoidamos as medidas de seguridade obvias.

2. Evidentemente o ideal é que a bicicleta non este na rúa, de feito é unha das razóns pólas que existen as bicicletas pregábeis.

3. Se a bicicleta ten que durmir na rúa, cómprate unha gran cadea, tipo moto e déixaa atada a un farol, ou varanda. Estas cadeas son moito máis resistentes, pero non son prácticas para levar a bicicleta polo seu peso, pero se as podedes deixar na rúa.

4. Apunta o número de serie da túa bicicleta (soe estar debaixo do cadro) e faille unha foto. Se cha rouban terás máis oportunidades de recuperar a túa amiga.

5. Se che rouban, denúnciao decontado, polo menos poñeraslle dificultades ao ladrón para que revenda a bicicleta. Nas tendas de segunda man teñen a obriga de comunicar á policía todos os artigos que compran, e se está denunciado teñen o DNI do vendedor, pero se non o denuncias nunca funcionará este mecanismo.

Sem comentários: