quarta-feira, 24 de setembro de 2008

A MASA CRÍTICA DE LUGO SOLICITA Á DXT QUE REGALE BICIS


CARTA ENVIADA Á DXT POR MASA CRÍTICA DE LUGO



Fronte a Campaña da Dirección Xeral de Tráfico, pola que se fará cargo dos intereses de hasta 1.000 euros a 36 meses, para que as persoas de entre 17 e 25 anos poidan sacarse o carné de conducir CO2ches; MASA CRÍTICA de Lugo solicita a este Organismo que, polo mesmo custo, regale bicicletas como medio transporte non agresivo, saudable e respectuoso co medio.
É evidente que ao facilitar o permiso de conducir vehículos a motor entre a poboación máis nova, se está fomentando o modelo insostible do uso indiscriminado do CO2che, que só contribuirá a agravar o efecto invernadoiro e polo tanto ó Cambio Climático.
Por outra banda, é un feito coñecido o crecemento porcentual dos accidentes provocados por condutores máis novos, polo que facilitar e incentivar o uso masivo do automóbil mediante a financiación do permiso de conducir, incrementará número de condutores de corta idade nas nosas estradas con efectos negativos sobre a Seguridade Vial. Así mesmo é un dato alarmante que a primeira causa de morte entre os menores de 30 anos sexa a Violencia Vial.
No editorial da revista "Tráfico y Seguridad Vial" nº 184 (maio-xuño de 2007), editada pola DGT, afírmase: "Sociólogos, psicólogos y otros profesionales han analizado la accidentalidad de los jóvenes con los coches, que suponen más del 30% de las víctimas mortales pese a ser sólo el 20% de los conductores. Dicen los profesionales que ellos agigantan sus habilidades, infravaloran los riesgos, son competidores, exhibicionistas, amantes del riesgo, de las emociones..."
Nesta mesma revista da DXT, no artigo "Jóvenes y Accidentes" aportanse datos do Instituto Nacional de Estatística como: "los accidentes de tráfico son la primera causa (33%) de muerte en ese tramo de edad (con respecto á xóvenes entre 15 e 29 anos), por encima de apartados como tumores (11%). Sin olvidar los casi 900 jóvenes que, cada año, quedan inválidos por las lesiones sufridas, según el doctor Juan Vidal, jefe de la Unidad de Lesiones Medulares del Instituto Guttman". Outras afirmacións moi relevantes aportadas neste artigo son: "La fundación RACC estima que, durante el primer año de permiso de conducción, la probabilidad de tener un accidente es hasta cinco veces superior"....."Luis Montoro, catedrático de Seguridad Vial, indica: Los jóvenes conducen como viven y su forma natural de vivir es más agresiva, más competitiva, más exhibicionista, más amante del riesgo ...". "Los sociólogos Víctor Pérez y J. Carlos Rodríguez, engaden: “ los jóvenes suelen infraestimar el riesgo personal que corren y sobreestimar sus habilidades conductoras. Sobre todo cuando van en grupo. Es el momento de mostrar sus habilidades. Por eso son más fáciles los accidentes de jóvenes con vehículos de alta ocupación".
Por todo isto, dende MASA CRÍTICA de Lugo, no contexto do interés xeral (fora de intereses demagóxicos e puramente electoralistas), non podemos comprender esta Campaña iniciada pola Dirección Xeral de Tráfico (Ministerio do Interior), financiando o permiso de conducir CO2ches.
Polo contrario, solicitamos a Dirección Xeral de Tráfico que, polo mesmo custo, regale bicicletas para usalas como medio de transporte saudable e respectuoso co medio. Medida que contribuiría tanto a reducir as emisións de CO2 como a reducir os niveis de sinistralidade nas vías públicas.


PIDE QUE CHE REGALEN UNHA BICI

Animamos á poboación a que, igualmente, solicite bicicletas. Para elo, facilitamos un modelo de solicitude que pode ser presentado polos particulares na Subdelegación do Goberno, na Xefatura Provincial de Tráfico ou en calquera outro Rexistro Administrativo.
¡¡ Mellor sen CO2che !!.......................¡¡ Mellor con bici !!

DESCARGA A SOLICITUDE


Bookmark and Share

Sem comentários: