domingo, 23 de março de 2008
terça-feira, 11 de março de 2008
O Concello de Lugo refundirá as distintas normas sobre o tráfico de bicicletas
sábado, 1 de março de 2008
domingo, 17 de fevereiro de 2008
¿Qué medidas adoptaría para que se facilitase o uso da bicicleta en Lugo?

Na Voz de Galicia hai un novo espazo de opinión no que se recollen suxerencias para facilitar o uso da bicicleta en Lugo.
Premede na seguinte ligazón: La Voz de Galicia
sábado, 16 de fevereiro de 2008
A Masa Crítica en Galiza e no mundo
O movemento da Masa Crítica en Galiza naceu en outubro de 2004 coa celebración da primeira masa crítica de Santiago de Compostela, un ano máis tarde comezaría a celebrarse tamén en A Coruña, Vigo e recentemente en Ourense, Ponteareas e Lugo.
Entre os obxectivos das masas críticas galegas podemos destacar:
* Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido).
* Crear condicións favorables necesarias para o uso da bici como medio de transporte.
* Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, asi como promover a súa compatibilidade e complemetariedade coa bicicleta (ex. transporte público).
Celébrase unha Masa Crítica Galega de carácter anual que reúne a tod@s os ciclousuari@s galeg@s, e que pon en contacto persoalmente aos membros das distintas masas críticas galegas. Celebrouse por primeira vez en setembro do ano 2007, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, logrando reunir a uns 200 participantes polas rúas de Santiago de Compostela.

No mundo
A Masa Crítica constitúe un movemento a grande escala, descentralizado e popular, polo que é diferente en cada cidade. Existe unha grande variedade de obxectivos, tamaño, interación cos condutores de automóbiles e intervención da policía.
Emporiso, o feito do escaso espazo aberto nas nosas cidades onde a xente poida relaxarse e relacionarse fora da tensión da vida diaria, a organización das cidades ao redor do automóbil, a escasez ou ausencia de infraestruturas para facilitar o uso da bicicleta como medio de transporte, etc., son cuestións que abren un camiño cara unha alternativa no futuro, e que seguramente está na mente da meirande parte dos participantes das masas críticas.

FONTE: WIKIPEDIA
Matricula a túa bici "NO OIL"
Poñede a matrícula NO OIL na vosa bici e unídevos a un berro internacional, a un berro á modernidade ecolóxica que millóns de humanos entenden só con observar a nosa matrícula.
PASA A PASO PARA MATRICULARTE "NO OIL".
1. Descarga o adhesivo NO OIL. Preme en descargar foto, que se atopa na columna da dereita. Despois copia a imaxe nun documento Word e imprímea. Fai click na imaxe de abaixo para vela máis grande.
3. Observa que na imaxe hai dous puntos de cor marrón sobre a palabra.
4. Colle un obxecto punzante como poden ser unhas tesoiras.
5. Coloca un xornal sobre a mesa para que faga de base ao CD room e con coidado comeza a recortar con precisión os dous puntos de cor marrón. Para furar o CD room utiliza un trade de papel. É moi sinxelo, eu só tardei 5 minutos.
6. Plastifica o CD room con papel para forra-los libros ou lévao a unha fotocopiadora para que cho plastifiquen.
7. Fixa o CD room co sistema de fixación que elixas: corda, bridas, arame...
8. Coloca a bicimatrícula NO OIL sobre as guías traseiras do sillín da bicicleta ou no portaequipaxes fixándoa co sistema elixido e deixando unha certa folgura.
Nota: Nunca debe taparse o piloto luminoso ou os reflectores de seguridade.
9. Como é habitual, disponte a pedalear con alegría pero agora con renovada elegancia.
sexta-feira, 15 de fevereiro de 2008
Que é a Masa Crítica?

Un pouco de historia:
Comezou en San Francisco (Estados Unidos) no ano 1992 a partir dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas deberían quedar unha vez ao mes para ir todos xuntos. A idea aceptouse rapidamente, na primeira "quedada" xuntáronse 60 e logo dun ano eran máis de 600 e o movemento foi estendéndose a outras cidades.
O nome de Masa Crítica foi sacado do documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións das grandes cidades chinesas onde o tráfico de coches era importante e non existían semáforos. Os velocipedistas chegaban á interseción e non podían cruzar debido ao alto tráfico, pausadamente, máis e máis ciclistas amontoábanse esperando co fin de cruzar a rúa e, cando existía un número suficiente - unha masa crítica - podían moverse todos xuntos, coa forza do seu número, para parar o tráfico mentres cruzaban a rúa.






