sexta-feira, 15 de fevereiro de 2008

Que é a Masa Crítica?

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuarios que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en moitísimas cidades de todo o mundo, baixo o lema "Pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes". A masa crítica é un movemento descentralizado, actuando a proposta de calquera dos seus participantes.


Un pouco de historia:

Comezou en San Francisco (Estados Unidos) no ano 1992 a partir dunha xuntanza da SF Bike Coalition, Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas deberían quedar unha vez ao mes para ir todos xuntos. A idea aceptouse rapidamente, na primeira "quedada" xuntáronse 60 e logo dun ano eran máis de 600 e o movemento foi estendéndose a outras cidades.

O nome de Masa Crítica foi sacado do documental "Return of the scorcher" de Ted White, onde se describían as normas de cruce nas intersecións das grandes cidades chinesas onde o tráfico de coches era importante e non existían semáforos. Os velocipedistas chegaban á interseción e non podían cruzar debido ao alto tráfico, pausadamente, máis e máis ciclistas amontoábanse esperando co fin de cruzar a rúa e, cando existía un número suficiente - unha masa crítica - podían moverse todos xuntos, coa forza do seu número, para parar o tráfico mentres cruzaban a rúa.


Sem comentários: