segunda-feira, 1 de setembro de 2008

ASINA O MANIFESTO!

MANIFESTO DA MASA CRÍTICA LUCENSE

A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuarios que realizan un paseo colectivo pola cidade reivindicando o uso da mesma como medio de transporte ecolóxico, económico e saudable, demandando da Administración Local un compromiso real coa mobilidade sostible e ecolóxica na nosa localidade que contribúa a reducir a contaminación atmosférica e acústica na cidade, facendo desta un espazo máis limpo, humano e respectuoso co presente e devir do noso ecosistema.

En España, as emisións de gases de efecto invernadoiro directamente ligadas ao sector transporte creceron máis dun 80% dende 1995, aproximadamente o dobre que o crecemento global de tales emisións, ata superar a cuarta parte do total. O uso compulsivo do automóbil é un dos maiores responsables do crecemento desbocado das emisións de gases de efecto invernadoiro, da perda de habitabilidade das cidades -grandes e pequenas-, do enorme gasto de tempo provocado polos atoamentos, de que a rúa deixara de ser un lugar transitable para nenos e anciáns, da deterioración de boa parte dos nosos monumentos e lugares de encontro tradicionais e da gran tensión á que viven sometidos os habitantes das cidades.

A bicicleta é, con moito, e malia o seu inmerecido ostracismo, o vehículo máis eficiente e mellor adaptado á mobilidade urbana. A grande maioría dos desprazamentos urbanos non superan os 10 quilómetros, unha distancia perfectamente asumible por un ciclista. A bicicleta, ademais, está completamente libre de emisións nocivas, non fai ruído, é saudable, a penas si ocupa espazo urbano circulando ou aparcada e non necesita custosas infraestruturas.

O colectivo Masa Crítica de Lugo establece como prioritarias unha listaxe de medidas que contribúan a facilitar e fomentar o uso da bicicleta na nosa cidade:

1. A instalación de enganches para bicicleta fronte a polideportivos, bibliotecas, colexios, centros culturais, estacións de autobuses e tren e ,en xeral, no resto dos puntos neurálxicos da cidade.

2. A sinalización de carrís bici para unir os barrios periféricos co centro da cidade e dun que circunde a mesma, para permitir a circulación de bicicletas con seguridade.

3. A sinalización dun carril bici nas rúas peonís, para controlar tamén o tráfico de bicicletas.

4. Campañas de educación vial para condutores de automóbiles, ciclistas e peóns, para que entre todos sexamos capaces de transformar Lugo para mellor, respectarnos uns a outros e utilizar as bicicletas con seguridade.

5. Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado como o transporte público, así como promover a súa compatibilidade e complementariedade coa bicicleta.

6. Elaborar un plan de mobilidade no que o automóbil privado non sexa a única alternativa. Como moito, anúncianse plans de fomento do transporte público e, ao final do documento, faise unha breve mención da bicicleta, sen plans nin compromisos concretos, nin moito menos un presuposto minimamente digno, quizais para cumprir sobre o papel con algún compromiso político adquirido nalgún foro nacional ou internacional, como a Carta de Aalborg ou a Semana Europea da Mobilidade.


Nome
Apelidos
DNI
E-mail

Image Verification
Please enter the text from the image

[ Refresh Image ] [ What's This? ]



terça-feira, 26 de agosto de 2008

MC. Xoves 28 de agosto


Bookmark and Share

quarta-feira, 20 de agosto de 2008

Eloxio da bicicleta

Na recente década de 1970, o pensador Ivan Illich escribiu: "O americano típico consagra máis de 1.500 horas por ano ao seu automóbil: sentado dentro del, en marcha ou parado, traballando para pagalo, para pagar a gasolina, as peaxes, o seguro, as infraccións e os impostos (...) Estas 1.500 horas sérvenlle para percorrer uns 10.000 quilómetros ao ano, o que significa que se despraza a unha velocidade de 6 quilómetros por hora,", aproximadamente a metade da velocidade que desenvolve un ciclista urbano sen esforzarse. Máis de 30 anos despois, as palabras de Illich seguen sendo válidas, agás que agora se poderían aplicar á práctica totalidade do mundo desenvolvido máis as economías "emerxentes" de Oriente; é dicir, a boa parte da humanidade. Hoxe sabemos, ademais, que este uso compulsivo do automóbil é un dos maiores responsables do crecemento desbocado das emisións de gases de efecto invernadoiro, da perda de habitabilidade das cidades -grandes e pequenas-, do enorme gasto de tempo social provocado polos atoamentos, de que a rúa deixara de ser un lugar transitable para nenos e anciáns, da deterioración de boa parte dos nosos monumentos e lugares de encontro tradicionais e do enorme estrés ao que viven sometidos os habitantes das grandes cidades.

En España, as emisións de gases de efecto invernadoiro directamente ligadas ao sector transporte creceron máis dun 80% dende 1995, aproximadamente o dobre que o crecemento global de tales emisións, ata superar a cuarta parte do total. Non obstante, abonda con botar unha ollada aos plans de mobilidade que se redactan no noso país, dende o recentemente aprobado Plan de Infraestruturas ata os plans do máis humilde concello, para darse conta de que o automóbil privado segue sendo o rei con moi raras excepcións. Como moito, anúncianse plans de fomento do transporte público -xeralmente en forma de custosas infraestruturas como trens AVE ou metros urbanos- e, ao final do documento, faise unha breve mención da bicicleta, sen plans nin compromisos concretos, nin moito menos un presuposto minimamente digno, quizais para cumprir sobre o papel con algún compromiso político adquirido nalgún foro nacional ou internacional, como a Carta de Aalborg ou a Semana Europea da Mobilidade, que cada setembro nos serve para denunciar as vergüenzas da insostible inmobilidade que padecen a maioría das cidades españolas.

Non obstante, bicicleta é, con moito, e malia o seu inmerecido ostracismo, o vehículo máis eficiente e mellor adaptado á mobilidade urbana. A grande maioría dos desprazamentos urbanos non superan os 10 quilómetros, unha distancia perfectamente asumible por un ciclista. A bicicleta, ademais, está completamente libre de emisións nocivas, non fai ruído, é saudable, a penas si ocupa espazo urbano circulando e para aparcar -moito menos, dende logo, que calquera outro vehículo-, e non necesita custosas infraestruturas. ¿Por que, entón, é sistematicamente ignorada polos que planifican a mobilidade urbana en España? Cando se lles pregunta adoitan responder que "en España non hai cultura da bicicleta", pero aparte de que a devandita afirmación resulta estraña nun país que acaba de gañar tres Tours seguidos, o exemplo das escasas cidades españolas que decidiron tomar en serio a bicicleta (Barcelona, Donosti-San Sebastián e Sevilla) desmente radicalmente a devandita afirmación. En todas elas abondou un mínimo investimento público, dende logo incomparablemente menor que a dedicada a outros medios de transporte, para provocar unha impresionante aceptación cidadá, máis alá mesmo do esperado polos propios promotores da idea.

A bicicleta ofrece a única alternativa eficaz á crecente demanda dun modo de transporte individual, flexible e, ao mesmo tempo, ecoloxicamente sostible para as modernas cidades suburbanizadas con grandes áreas de poboación dispersa e horarios cada vez máis flexibles. Dese modo, a moderna cidade suburbanizada e postindustrial, que parece perder a escala humana debido á superpoboación e ás longas distancias, empeza a recuperar de novo esa escala para o home -e a muller- en bicicleta. Por outro lado, a intermodalidade entre a bicicleta e o transporte público de grande capacidade, que é xa moeda corrente en moitas cidades do norte e centro de Europa, é a solución máis axeitada, ecolóxica e eficaz ás crecentes necesidades de mobilidade nas grandes metrópoles. A este respecto, a xornada bicicleta-transporte público-bicicleta, apoiada en consignas e aparcamentos para bicis nas terminais do transporte público e/ou nos sistemas de bicicletas públicas que cidades como París, Barcelona ou Sevilla están a experimentar tan eficazmente, non coñece rival nin en custo, nin en eficacia nin en sostenibilidad. Na actual cidade automobilizada, a bicicleta solo ten un inconveniente: hai que ter unha mente libre de prexuízos para poder apreciar as súas vantaxes.

Ricardo Marqués é profesor da Universidade de Sevilla

Fonte: Rebelión


Bookmark and Share

quarta-feira, 30 de julho de 2008

Deixa a túa pegada na rúa


Bookmark and Share

sexta-feira, 18 de julho de 2008

Santiago presenta hoxe o seu servizo de aluguer de bicicletas

A cidade de Santiago de Compostela terá un modelo de uso e acceso ao servizo de préstamo de bicicletas, que se prevé conte cun centenar de unidades e con sete puntos para que os cidadáns poidan recollelas. Esta iniciativa pretende potenciar este medio de transporte alternativo aos vehículos de motor.


En total serán sete os puntos de préstamo das bicicletas: Estación de Autobuses, Multiusos Fontes do Sar, Complexo Deportivo de Santa Isabel, praza Roxa (parque de Ramírez), Área Central, Campus Sur (campo de Hockey) e Campus Norte (residencia universitaria). Funcionarán en horario de 8.00 a 22.00 horas no verán e de 9.00 a 18.00, no inverno.

Ler o resto da Nova: Europa Press

Bookmark and Share

quinta-feira, 12 de junho de 2008

Espidos fronte o tráfico!



Bookmark and Share

domingo, 8 de junho de 2008

O 26 de xuño Lugo berra contra a contaminación

who's online


Bookmark and Share

sábado, 7 de junho de 2008

Mellor en bici



Bookmark and Share