A Masa Crítica é unha "coincidencia organizada" de ciclousuarios que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en moitísimas cidades de todo o mundo, entre elas Lugo, baixo o lema "Pedalea todos os días, celébrao unha vez ao mes". A masa crítica é un movemento descentralizado, actuando a proposta de calquera dos seus participantes. Reunímonos todos os últimos xoves do mes, ás 20:15 na Praza Maior (diante do Concello).
- Divulgar e promover o uso da bicicleta como medio de transporte eficaz (barato, san, non contaminante e rápido).
- Crear condicións favorables necesarias para o uso da bici como medio de transporte.
- Promocionar e apoiar paralelamente outros medios de transporte alternativos ao coche privado, asi como promover a súa compatibilidade e complemetariedade coa bicicleta (ex. transporte público).
Celébrase unha Masa Crítica Galega de carácter anual que reúne a tod@s os ciclousuari@s galeg@s, e que pon en contacto persoalmente aos membros das distintas masas críticas galegas. Celebrouse por primeira vez en setembro do ano 2007, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade, logrando reunir a uns 200 participantes polas rúas de Santiago de Compostela.
Sem comentários:
Enviar um comentário